sf plANIMAL/ORNITClase de animais que pertence ao subfilo dos vertebrados, do filo dos cordados. Os seus individuos presentan plumas, característica exclusiva deste grupo de animais, son homeotermos, teñen respiración pulmonar e son ovíparos. O seu principal medio de locomoción é o voo, polo que os seus membros anteriores están transformados en ás que propulsan a ave no aire, mentres os posteriores serven de medio de locomoción terrestre. As mandíbulas están desprovistas de dentes e cubertas por un peteiro córneo.
Citas
As cegoñas son aves migratorias que constrúen os niños en lugares elevados, As aves de curral poñen uns ovos máis saborosos cós de granxa