avance

< avanzar
Plural: avances
  1. s m Acción e efecto de avanzar.
  2. s m Feito de ir cara a adiante.
  3. s m BÉL Partida ou unidade que marcha por diante do grupo principal das forzas.
  4. s m ENX/IND Tempo que se fai transcorrer entre o salto da chispa ou o inicio da inxección e o punto morto superior (PMS), nos motores de acendido por chispa ou de acendido por compresión.
  5. s m ESPECT Fragmento breve de calquera programa que se insire dentro da emisión televisiva ou radiofónica.
  6. s m TECNOL   Movemento relativo, nunha máquina-ferramenta, que expón sucesivamente novas partes da peza á acción de corte da propia ferramenta.
  7. avance de fase FÍS Diferenza de fase entre dúas magnitudes sinusoidais da mesma frecuencia cando toman a segunda como referencia.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Avariouse o avance rápido do noso vídeo
  • Estes patíns non me permiten facer un avance rápido
  • No avance informativo saíu un adianto da información sobre o atentado terrorista desta mañá
  • Os avances na medicina moderna diminuíron a taxa de mortalidade