augadoiro

< auga
Plural: augadoiros
  1. s m Lugar onde acostuman ir beber algúns animais salvaxes.
  2. s m Lugar onde se deposita a auga.
  3. s m Peza de roupa exterior que impide o paso da auga.
  4. s m Elemento que se emprega para regar.
  5. s m Utensilio portátil formado por unha cunca de madeira suxeita a un pau  longo e que se emprega para regar.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Colleu o augadoiro para botarlle auga ás rosas
  • É mellor que poñas un augadoiro, senón vaste arrefriar
  • Foi ata o augadoiro que lle dixeran para fotografar os cabalos