sfPeza de pedra ou arxila, cunha concavidade destinada a recibir ou conter un líquido e que serve para lavar ou mollar algunha cousa, abeberar animais ou bañarse.
RELIX
pía bautismalPía destinada a facer os bautizos. Introduciuse coa supresión do bautismo por inmersión.
pía de auga benditaPía colocada na entrada das igrexas, que contén auga bendita coa que os fieis se persignan ao entrar no templo.
sfXEOGConcavidade que se desenvolve na parte superior das rochas graníticas como consecuencia de fenómenos de desagregación en puntos onde a auga pode ser retida.
pía holandesaINDRecipiente metálico que posúe un cilindro rotatorio e unhas coitelas fixadas á súa superficie, en que pasa a pasta de celulosa para batela e quitarlle as impurezas antes de que chegue á máquina de facer papel. OBS: Tamén se denomina píarefinadora.