asistencia

< asistir
Plural: asistencias
  1. s f Acción de asistir a un lugar.
  2. s f Conxunto dos asistentes.
  3. s f Acción de asistir a alguén.
  4. s f DEP Pase da pelota a un xogador situado fronte á meta contraria e que ten como resultado a consecución dun tanto.
  5. asistencia ao detido DER Dereito irrenunciable que ten toda persoa detida a designar avogado para que o asista en todas as declaracións e dilixencias que se practican para a súa identificación.
  6. asistencia pública DER Conxunto de servizos que mantén a administración pública para axudar, case sempre gratuitamente, aos que non dispoñen de medios económicos para satisfacer as súas necesidades ineludibles.
  7. asistencia social SOCIOL Conxunto de actividades públicas ou privadas que teñen como finalidade axudar a persoas e satisfacer as necesidades que non estean ao alcance dos seus medios.
  8. asistencia xurídica DER Función propia do avogado especialmente necesaria nos litixios nos que normalmente non lle son recoñecidas ás partes litigantes a posibilidade de intervir persoalmente para defender os seus dereitos diante dos tribunais.

Citas

  • Gracias á asistencia rápida dos médicos, o ferido salvou a súa vida
  • O conferenciante entusiasmou á asistencia
  • Ten máis de quince faltas de asistencia no curso