sfDEPPase da pelota a un xogador situado fronte á meta contraria e que ten como resultado a consecución dun tanto.
asistencia ao detidoDERDereito irrenunciable que ten toda persoa detida a designar avogado para que o asista en todas as declaracións e dilixencias que se practican para a súa identificación.
asistencia públicaDERConxunto de servizos que mantén a administración pública para axudar, case sempre gratuitamente, aos que non dispoñen de medios económicos para satisfacer as súas necesidades ineludibles.
asistencia socialSOCIOLConxunto de actividades públicas ou privadas que teñen como finalidade axudar a persoas e satisfacer as necesidades que non estean ao alcance dos seus medios.
asistencia xurídicaDERFunción propia do avogado especialmente necesaria nos litixios nos que normalmente non lle son recoñecidas ás partes litigantes a posibilidade de intervir persoalmente para defender os seus dereitos diante dos tribunais.
Citas
Gracias á asistencia rápida dos médicos, o ferido salvou a súa vida