aceleración

< acelerar
Plural: aceleracións
  1. s f Acción e efecto de acelerar ou acelerarse.
  2. s f BIOL Proceso que tende a facer aparecer certas estruturas no desenvolvemento embrionario.
  3. aceleración angular FÍS Nun movemento circular, variación da velocidade angular co tempo.
  4. aceleración convectiva FÍS Compoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á translación do fluído no espazo, na dinámica de fluídos.
  5. aceleración das estrelas fixas ASTRON Incremento da ascensión recta do Sol medio nun día sideral.
  6. aceleración de Coriolis FÍS Aceleración complementaria, debida á rotación da terra, segundo o teorema de Coriolis.
  7. aceleración dun punto FÍS ariación da velocidade do punto respecto do tempo. É o vector a = dv/dt, onde v é o vector velocidade do punto. A unidade da aceleración é o m/s 2 .
  8. aceleración local FÍS Na dinámica de fluídos, compoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á variación co tempo das condicións da corrente.
  9. regra de aceleración e parada AERON Regra internacional que determina a lonxitude das pistas de aterraxe dos aeroportos.

Sinónimos

Citas

  • A aceleración do coche non é moi potente