sfBIOLProceso que tende a facer aparecer certas estruturas no desenvolvemento embrionario.
aceleración angularFÍSNun movemento circular, variación da velocidade angular co tempo.
aceleración convectivaFÍSCompoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á translación do fluído no espazo, na dinámica de fluídos.
aceleración das estrelas fixasASTRONIncremento da ascensión recta do Sol medio nun día sideral.
aceleración de CoriolisFÍSAceleración complementaria, debida á rotación da terra, segundo o teorema de Coriolis.
aceleración dun puntoFÍSariación da velocidade do punto respecto do tempo. É o vector a = dv/dt, onde v é o vector velocidade do punto. A unidade da aceleración é o m/s 2 .
aceleración localFÍSNa dinámica de fluídos, compoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á variación co tempo das condicións da corrente.
regra de aceleración e paradaAERONRegra internacional que determina a lonxitude das pistas de aterraxe dos aeroportos.