FISIOLSon que se produce na larinxe polo paso do aire expirado a través das cordas vocais, postas previamente en contacto.
Son emitido por unha persoa, un animal, un instrumento ou un fenómeno natural.
Modalidade da voz humana caracterizada polo timbre e pola textura.
sfOpinión xeral que manifesta unha colectividade determinada, ou medio de expresala.
sfLINGPalabra ou vocábulo.
sfLINGCategoría gramatical do verbo que indica a relación gramatical entre este, o suxeito e o complemento, en virtude da que o proceso verbal é atribuído ao suxeito considerado como axente ou como paciente.
sfDER/POLÍTDereito a falar e a tomar parte nas deliberacións dunha xunta ou asemblea, con independencia da facultade de votar.