aceite

< ár az-zait ‘zume da oliva’
Plural: aceites
    1. s m IND Graxa líquida de  procedencia animal ou vexetal. Está formada fundamentalmente por triglicéridos e por outros compoñentes como esteroides, hidrocarburos e vitaminas liposolubles.
    2. aceite de copra / ALIM/QUÍM Graxa semisólida que se extrae da copra. Emprégase na industria alimentaria e na fabricación de xabóns.
    3. aceite de fígado de bacallau Aceite que se obtén de fígados preparados de bacallau. Emprégase como reconstituínte polo seu alto contido en vitaminas A e D.
    4. aceite de liñaza QUÍM Aceite que se obtén da liñaza. Emprégase en medicina para combater a hipercolesterinemia.
    5. aceite de oliva ALIM Líquido oleoso que se extrae  dos froitos maduros da oliveira. Emprégase en alimentación.
    1. s m Substancia untosa, comestible, líquida ou facilmente licuescente, insoluble en auga.
    2. aceite alcanforado/de alcanfor Solución de alcanfor en aceites de oliva purificados. Emprégase como analéptico.
    3. aceite de rícino Aceite obtido da semente do rícino. Emprégase como purgante do aparato dixestivo.
    4. aceite graxo Cada unha das mesturas líquidas de glicéridos que se obtén das graxas animais e vexetais.
    5. aceite eléctrico/illante Aceite mineral refinado que se emprega como illante eléctrico e refrixerante en transformadores, circuítos de freos e contactos eléctricos.
    6. aceite lubricante Aceite vexetal refinado que se emprega para lubrificar superficies móbiles.
    7. aceite mineral Cada unha das fraccións da destilación do petróleo ou do alcatrán que se pode considerar como aceite pola súa viscosidade.
    8. aceite secante Aceite vexetal que se combina co óxido do aire e adquire consistencia branda e flexible. Emprégase como aglutinante de pinturas e vernices.
  1. s m TECNOL Calquera graxa líquida que se emprega como lubrificante.

Refráns

  • Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
  • Bota ben aceite á "sartén" e fritirás ben.
  • Co aceite non se pode andar sen se lixar.
  • Moito aceite;: na "sartén", se queres fritir ben.
  • O aceite da oliveira cura as doenzas.
  • O aceite é armeiro, reloxeiro, cociñeiro e curandeiro.
  • O aceite, en calando; a manteiga, en ruxindo.
  • Pouco aceite dan por un carto.
  • Quen aceite mestura, as mans unta.