smINDGraxa líquida de procedencia animal ou vexetal. Está formada fundamentalmente por triglicéridos e por outros compoñentes como esteroides, hidrocarburos e vitaminas liposolubles.
aceite de copra /ALIM/QUÍMGraxa semisólida que se extrae da copra. Emprégase na industria alimentaria e na fabricación de xabóns.
aceite de fígado de bacallauAceite que se obtén de fígados preparados de bacallau. Emprégase como reconstituínte polo seu alto contido en vitaminas A e D.
aceite de liñazaQUÍMAceite que se obtén da liñaza. Emprégase en medicina para combater a hipercolesterinemia.
aceite de olivaALIMLíquido oleoso que se extrae dos froitos maduros da oliveira. Emprégase en alimentación.
smSubstancia untosa, comestible, líquida ou facilmente licuescente, insoluble en auga.
aceite alcanforado/de alcanforSolución de alcanfor en aceites de oliva purificados. Emprégase como analéptico.
aceite de rícinoAceite obtido da semente do rícino. Emprégase como purgante do aparato dixestivo.
aceite graxoCada unha das mesturas líquidas de glicéridos que se obtén das graxas animais e vexetais.
aceite eléctrico/illanteAceite mineral refinado que se emprega como illante eléctrico e refrixerante en transformadores, circuítos de freos e contactos eléctricos.
aceite lubricanteAceite vexetal refinado que se emprega para lubrificar superficies móbiles.
aceite mineralCada unha das fraccións da destilación do petróleo ou do alcatrán que se pode considerar como aceite pola súa viscosidade.
aceite secanteAceite vexetal que se combina co óxido do aire e adquire consistencia branda e flexible. Emprégase como aglutinante de pinturas e vernices.
smTECNOLCalquera graxa líquida que se emprega como lubrificante.
Refranes
Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
Bota ben aceite á "sartén" e fritirás ben.
Co aceite non se pode andar sen se lixar.
Moito aceite;: na "sartén", se queres fritir ben.
O aceite da oliveira cura as doenzas.
O aceite é armeiro, reloxeiro, cociñeiro e curandeiro.