sfZona de unión entre dúas partes ríxidas do esqueleto dun animal que lle dá mobilidade. As articulacións óseas están constituídas principalmente por superficies articulares, partes dos ósos que están en contacto; cartilaxes articulares, que recobren as superficies articulares; ligamentos articulares, cápsula articular ou sinovial, que segrega a sinovia que a lubrifica.
articulación de ChopartArticulación do calcaño e do astrágalo humano co tarso.
articulación de CruveilhierArticulación alantoodontoidal humana.
articulación de LisfrancArticulación tarsometatarsiana do ser humano.
sfBOTNó ben diferenciado que separa dous segmentos dun órgano vexetal.
sfCONSTRUnión móbil entre dúas pezas que lles permite un desprazamento angular recíproco, a transmisión de esforzos de tracción ou compresión, pero non pares de torsión.
sfDERAcción de enunciar en artigos separados.
sfLINGPosición e movementos dos órganos da fala na emisión de cadeas fónicas identificables e significativas respecto ao repouso relativo.
sfMÚSEmisión dos diversos sons dun fragmento musical de maneira que se poidan percibir diferenciados.