xogo

< lat iocu
Plural: xogos
  1. s m Acción de xogar.
  2. s m Actividade que se realiza para entreterse e na que, xeralmente, existen unhas regras. Tm fig.
  3. s m Aquilo que serve para xogar segundo unhas regras determinadas.
  4. s m Entretemento en que se arriscan cartos.
  5. s m Conxunto de cartas que un xogador ten na man.
  6. s m Conxunto de cousas que comparten características básicas e que se utilizan para un mesmo fin.
  7. s m Combinado de determinadas cousas que forman un conxunto.
  8. s m Xeito de xogar. Tm fig.
  9. s m ANAT articulación.
  10. s m DEP Celebración deportiva en que hai competicións de diferentes deportes.
  11. xogo de palabras Frase que ten diferentes sentidos e coa que se pretende enganar ou facer rir.
  12. xogos florais LIT Festas e xogos que celebraban os romanos en honor de Flora, deusa da vexetación e da primavera. No s XIX reapareceron en Provenza, limitadas a certames literarios en lingua provenzal, e estendéronse a outros lugares como Catalunya e Galicia.

Frases feitas

  • Entrar en xogo (algo). Ser algo un factor a ter en conta para algunha cousa.
  • Xogo de azar. Xogo no que se adoita apostar cartos e no que ga
  • Xogo de mans. Truco que se fai coas mans.

Refráns

  • As barallas, escusalas; mais, collidas, xogalas.
  • Carta xogada non debe ser levantada.
  • De mal pau, mala estomela.
  • Dicir mal das cartas é xogar a dúas barallas.
  • O as de ouros, non o xogan bobos.
  • O costume de xogar trae o vicio de pedichar.
  • O diñeiro do xogo vaise logo.
  • O mellor das cartas é non xogalas.
  • O mellor lance dos dados é non xogalos.