artefacto

< lat arte factu ‘feito con arte’
Plural: artefactos
  1. s m Obxecto producido polo home, en xeral os aparatos, as máquinas e outros dispositivos.
  2. ARQUEOL
    1. s m Calquera obxecto moble realizado, utilizado ou modificado polos seres humanos.
    2. artefacto-tipo Todo artefacto seleccionado para servir de estándar dunha mesma clase.
  3. s m BIOL Alteración producida nas preparacións microscópicas dun tecido natural por mor dos procesos preparatorios previos á observación.

Sinónimos

Citas

  • Artefacto explosivo

Palabras veciñas