sfActividade humana encamiñada á creación de obras estéticas.
sfÁmbito no que o home desenvolve a súa capacidade creadora con fins estéticos.
sfConxunto de producións artísticas que caracterizan unha época, estilo ou movemento.
sfPreceptos e regras que se requiren para o desenvolvemento dunha actividade.
sfHabilidade ou destreza para facer certas cousas que se adquire co estudo ou coa experiencia.
sfMedio co que se consegue facer algunha cousa.
sfARTEActo polo que, valéndose da imaxe, son, palabra ou movemento, o home imita ou expresa o material ou o inmaterial, creando mediante copia, evocación ou invención.
sfARTECada unha das chamadas Belas Artes.
sfARTEEstilo dun artista.
arte aplicada/industrial /ARTE/INDArte aplicada aos produtos industriais coa finalidade de embelecer obxectos de uso común: mobles, ourivería, cerámica, armas, etc.
arte decorativaARTE/ARQUITArte aplicada que engade elementos ornamentais a unha estrutura arquitectónica.
arte dramáticaESPECTArte de interpretar o teatro.
arte figurativaARTERepresentación da realidade en contraposición á arte abstracta.
arte pola arteARTEActitude que defende a validez da finalidade da arte por si mesma. 9
PESCA
sfConxunto de redes que conforman un aparello.
arte de cercoCalquera das artes de acoso de grandes dimensións que se empregan para capturar grandes cantidades de peixe.
arte de arrastreCalquera das artes de acoso en forma de funil que, arrastradas polo fondo do mar, capturan todos os animais que encontran ao paso.
PESCA
sfNome que se aplica a diversos aparellos de pesca que están constituídos por redes provistas dun cope. Pódense distinguir artes de captura, de trampa e de acoso.
arte de derivaCalquera das artes de acoso formadas por redes, xeralmente rectangulares, que se desprazan de xeito incontrolado por alta mar seguindo as correntes.
arte de fondoCalquera das artes de captura pasiva formadas por redes xeralmente rectangulares que se calan de maneira que a armadura dos chumbos quede a rentes do fondo.
arte de luzAparello de pesca que se emprega cando rompe a mañá ou na pesca que se realiza durante o día.
arte comúnLITComposición poética formada por unha serie de estrofas nas que non se repiten as mesmas rimas consonantes, senón que cada unha de elas presenta unha diferente.
arte realLITSerie de combinacións estróficas integradas por versos octosílabos que riman en consonante e están divididas en dúas semiestrofas.
artes e oficiosConxunto de regras teóricas e de técnicas manuais necesarias para os oficios mecánicos.
artes escénicasESPECTArtes que designan as manifestacións espectaculares que xeralmente teñen na escena o seu marco de realización e, nos teatros, o espazo básico de recepción.
artes marciaisDEPTécnicas de loita, integradas nunha concepción do mundo específica, orixinarias de Extremo Oriente e incorporadas a Occidente como deporte. Estas técnicas que se fundamentan no dominio do corpo e da mente son, entre outras: aikido, jiu-jitsu, judo, karate, kendo, kick boxing, kung fu e taekwondo.