urbanización

< urbanizar
Plural: urbanizacións
  1. s f Acción e efecto de urbanizar.
  2. s f DEMOG/XEOG Fenómeno que consiste no crecemento acelerado das cidades, en poboación e superficie, e na expansión dos modos de vida urbanos.
  3. s f URBAN
    1. Terreo delimitado artificialmente onde se fan as operacións necesarias para poder edificar nel un núcleo de poboación.
    2. Poboado ou barrio establecido segundo un plano de conxunto.