arrimar

< ingl ant rimen ‘arranxar’
  1. v t Aproximar unha cousa a outra ou a unha persoa.
  2. v t Pór unha cousa contra outra.
  3. v pron Pórse máis preto de algo ou de alguén.
  4. v pron Aproximarse a unha cousa para apoiarse ou sosterse.
  5. v pron Procurar a protección ou o apoio de alguén.
  6. v pron Afectar unha enfermidade a unha parte do corpo.
  7. v pron Establecer unha relación estable de parella sen estar legalizada.

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • Arrima o prato a ti para comer mellor
  • Arrímate á mampara, non vaia caer ao quitarlle o peso
  • Arrimou o corpo á parede
  • Eu non penso casar, eu arrímome
  • O mal arrimóuselle contra o peito
  • Os mozos arrimáronse para protexerse do frío
  • Para medrar arrimouse aos poderosos.

Frases feitas

  • Arrimar o ombro. Axudar nun traballo. Ex: Para acabar a tarefa esta tarde, todos temos que arrimar o ombro.
Verbo: arrimar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arrimo

arrimas

arrima

arrimamos

arrimades

arriman

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arrimaba

arrimabas

arrimaba

arrimabamos

arrimabades

arrimaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arrimei

arrimaches

arrimou

arrimamos

arrimastes

arrimaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arrimara

arrimaras

arrimara

arrimaramos

arrimarades

arrimaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arrimarei

arrimarás

arrimará

arrimaremos

arrimaredes

arrimarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arrimaría

arrimarías

arrimaría

arrimariamos

arrimariades

arrimarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arrime

arrimes

arrime

arrimemos

arrimedes

arrimen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arrimase

arrimases

arrimase

arrimasemos

arrimasedes

arrimasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arrimar

arrimares

arrimar

arrimarmos

arrimardes

arrimaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

arrima

-

-

arrimade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

arrimar

arrimares

arrimar

arrimarmos

arrimardes

arrimaren

Xerundio

arrimando

Participio

arrimado

arrimada

arrimados

arrimadas