Lugar onde se realiza unha actividade profesional.
Obra en que se traballa.
Obra rematada producida grazas a esa acción ou esforzo.
Actividade consciente do home que se orienta a obter os bens ou medios para satisfacer as súas necesidades.
smCalamidade ou fatiga que se pasa nun momento concreto.
smFÍSEfecto dunha forza que vence unha resistencia, producíndose así un desprazamento do punto de aplicación. Mídese mediante o produto da forza polo camiño percorrido na súa dirección. No SI, a unidade de traballo é o joule (J).
Refráns
A facenda da muller sempre está feita e sempre está por facer.
A mal amañada primeiro abre a porta que cobre a cama.
A muller na casa e o home na arada.
A muller que gobeme a casa e o home a arada.
Aproveite ben en febreiro o que folgou en xaneiro.
Bo traballo é traballar cando a ganacia é pouca.
Cando mozos, traballos; e cando vellos, farrapos.
Con pouco traballo non se fan logo as cousas.
De Deus abaixo todo o mundo vive do seu trabaIlo, sexa bo, sexa malo.
Detrás do traballo vén o pago.
Fai o que saibas para que en tódalas partes caibas, que o que sabe en tódolos sitios cabe.
Home que traballa polo que non merece, co trabaIlo non adoece.
Máis traballo custa vivir ben que mal.
Mellor é traballar de balde que vivir de balde.
Mentres ande na leira o xugo, que ande na casa o fuso.
Na semana de Ramos lava os teus panos, que na de Paixón ou poderás ou non.
Nace o home para traballar e non para folgar.
Non dá "morcilla" o que non mata porco.
Non hai cousa que máis canse ro traballo, mais tamén adoita cansar o moito folgar.
Non hai cousa que máis canse ro traballo.
O luns mollo, o martes lavo, o mércores seco, o xoves saco, o venres peneiro, o sábado amaso e o domingo, que eu fiaría, todos me din que xa non é día.
O moito traballo quere a moita mantenza.
O moito traballo trae o moito gasto.
O que moito traballa, máis axiña acaba.
O que non ten pan teno que buscar, porque sen comer non se pode pasar.
O que non traballa na súa mocidade, non chega a vello na ancianidade.
O que non traballa, non manduca.
O que ten carro e muller, non lle falta que facer.
O traballar e o comer o seu xeito ha ter.
O traballar é virtude e o non traballar é saude.
O traballo cansa pero non mata.
O traballo ennobrece.
O traballo non deshonra a ninguén.
O traballo nunca loce, se a ganancia é pouca.
Quen máis traballa máis perde.
Quen non traballa non ten migalla.
Se folgas nos días soltos ¿qué deixas para os días santos?
Tendo saúde e comendo ben, o traballar non mata a ninguén.
Traballar e non comer é camiño seguro para morrer.
Traballar sen tino é morrer sen fe.
Traballo é a mala ventura, e máis traballo é cando dura.
Traballo feito non pide présa.
Traballo que se fai con gusto non o sente o corpo.
Traballo ten a raposa cando anda aos grilos.
Tras do traballo vén o descanso máis tamén vén o cansancio.
Un por outro, o traballo non se fai.
¡Cómo alegra o que sen traballo se gaña e sen trabaIlo se aumenta!