smConxunto de pedras ou sedimentos mariños, dispostos a rentes da auga ou moi preto da superficie, que supoñen un risco para a navegación.
arrecife coralinoBIOL/XEOGFormación calcaria, viva ou fósil, orixinada fundamentalmente polos corpos de organismos sedentarios como corais hermatípicos, escleractinias e algas coralinas. Son propios de mares tropicais pouco fondos.
arrecife de barreiraBIOL/XEOGArrecife coralino disposto de forma paralela á costa, illando un lagoon ancho e fondo entre eles e a costa.
arrecife de franxaBIOL/XEOGArrecife coralino disposto de forma paralela á costa sen lagoon ou cun lagoon pequeno e estreito.