arrecife

< ár ar-rasīf ‘a calzada’
Pliral: arrecifes
  1. s m Conxunto de pedras ou sedimentos mariños, dispostos a rentes da auga ou moi preto da superficie, que supoñen un risco para a navegación.
  2. arrecife coralino BIOL/XEOG Formación calcaria, viva ou fósil, orixinada fundamentalmente polos corpos de organismos sedentarios como corais hermatípicos, escleractinias e algas coralinas. Son propios de mares tropicais pouco fondos.
  3. arrecife de barreira BIOL/XEOG Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa, illando un lagoon ancho e fondo entre eles e a costa.
  4. arrecife de franxa BIOL/XEOG Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa sen lagoon ou cun lagoon pequeno e estreito.

Sinónimos

Confrontaciones