acción

< lat actiōne
Plural: accións
  1. s f Efecto producido pola actividade dunha cousa sobre outra.
  2. s f Actividade que se produce ao realizar algo.
  3. s f ARQUIV Acto de outorgar o obxecto do documento segundo o desexo do peticionario.
  4. s f BÉL Feito de armas, especialmente, combate entre forzas pouco numerosas.
  5. DER
    1. s f Facultade para esixir aos órganos xudiciais do estado que diten resolución sobre un conflito ou sobre unha petición mediante proceso.
    2. acción de oficio Acción civil ou penal incoada polo xuíz ou tribunal por ministerio da lei, a iniciativa do ministerio fiscal ou a iniciativa propia.
  6. s f   Cada unha das partes en que debe estar representado obrigatoriamente o capital das sociedades anónimas e das comanditarias por acción.
  7. FILOS
    1. s f Manifestación dunha capacidade activa, contraposta á paixón, ou dunha función ou capacidade física do home, por oposición á idea ou pensamento.
    2. filosofía da acción Filosofía que sostén a primacía da acción sobre o coñecemento, como o pragmatismo ou o instrumentalismo.
  8. s f FÍS
    1. Efecto que producen os corpos ou axentes físicos entre eles.
    2. Magnitude física con dimensións de enerxía por tempo.
  9. s f Conxunto articulado de acontecementos que forman o argumento ou tema dunha obra literaria ou dunha película.
  10. RELIX
    1. s f pl Conxunto de ritos, cerimonias e funcións.
    2. acción de grazas Expresión, manifestación de agradecemento, especialmente á divindade ou a un intercesor diante desta.
    3. acción litúrxica Celebración ou culto que realiza unha comunidade eclesiástica.
  11. acción a distancia FÍS Interacción instantánea de partículas separadas espacialmente.
  12. acción de contacto QUÍM/FÍS catálise.
  13. acción directa Técnica de loita do sindicalismo revolucionario baseada no enfrontamento directo entre patróns e obreiros. As súas formas máis frecuentes son a folga, o traballo lento, o boicot de produtos, industrias e comercios, e a sabotaxe.
  14. acción reflexa MED reflexo.
  15. acción social Calquera acción executada por un ou varios individuos en función da existencia doutros individuos.
  16. lei da acción de masas QUÍM/FÍS Lei que establece a influencia que, sobre a composición dunha mestura en equilibrio químico, exercen as concentracións ou masas activas das substancias que participan na reacción. Se a reacción vén representada pola ecuación
    v 1 B 1 + ... + v i B i x v 1’ B 1’ + ... + v i’ B i’

    e as substancias reaccionantes B 1 ,..., B i , B’ 1 ,..., B’ i teñen no equilibrio as actividades a 1 ,..., a i , a’ 1 ,..., a’ i , a lei de acción exprésase matematicamente pola relación
    METER IMAGEN
    onde K, denominada constante de equilibrio, é invariable a temperatura constante.
  17. principio da mínima acción
    1. FILOS Principio análogo ao do mínimo esforzo, de economía do pensamento, que se refire aos procesos da natureza.
    2. FÍS Principio de mecánica que establece que o movemento dun sistema mecánico se efectúa sempre de xeito que a acción respecto da traxectoria sexa mínima.
  18. principio de acción e reacción FÍS Terceira lei do movemento de Newton.

Sinónimos

Citas

  • A acción da chuvia nas rochas erosiónaas, A acción dos raios do sol, que entraban a través da ventá, foi sacándolles a cor aos meus apuntamentos
  • A acción de O lapis do carpinteiro desenvólvese en Santiago
  • A constante acción que lle producía ser detective privado era o que lle atraía desa profesión
  • As súas boas accións axudaron a escolarizar os nenos máis pobres
  • Con tan poucas prerrogativas impedíalle a acción
  • Fixo a acción de agredila pero non lle deu, Con esa acción espantou os ladróns
  • Miña nai solicitou un Nosopai en acción de gracias
  • O director iniciou a rodaxe da sexta escena despois de dicir:
  • ¡Acción!