acto

< lat actu ‘acto, acción’
Plural: actos
  1. s m Feito realizado polo home, efecto dunha determinación da vontade.
  2. s m Acontecemento ou feito público.
  3. s m FILOS Estado de existencia real que se opón á potencia na filosofía de Aristóteles.
  4. s m LING Unidade significativa de produción verbal na que concorren a un mesmo tempo pronuncia e significado, intención coa que se dixo algo e repercusións que ten o que se dixo.
  5. s m LIT/ESPECT Cada unha das partes nas que se divide unha obra escénica, separada das outras por un intervalo.
  6. acto administrativo DER Declaración de vontade, de xuízo, de coñecemento ou de desexo realizado pola administración pública no exercicio dunha potestade administrativa distinta da regulamentaria.
  7. acto carnal/acto sexual coito.
  8. acto de servizo DER Acto que fai referencia ao cumprimento da función pública por parte dun funcionario, especialmente por parte dun militar ou dun axente armado.
  9. acto humano FILOS Acto que, segundo a escolástica, provén dunha decisión libre e persoal.
  10. acto morboso MED Acto anormal que realiza un enfermo mental.
  11. acto puro FILOS Calidade que, segundo a escolástica, só se lle pode aplicar a Deus, en tanto que é pensamento puro, perfecto e ausente de materia.
  12. acto reflexo FISIOL reflexo.
  13. acto voluntario FISIOL Acción ou inhibición consciente controlada polo córtex cerebral.
  14. acto xurídico DER Feito humano realizado por unha vontade consciente e exteriorizada que produce efectos xurídicos.

Confrontacións

Citas

  • Hoxe tivo lugar o acto solemne da inauguración da nova facultade
  • Moitas das veces os seus actos son inexplicables