temporal

< lat temporāle
Plural: temporais
  1. adx Relativo ou pertencente ao tempo.
  2. adx Que dura un determinado tempo.
    1. adx Relativo ou pertencente ás cousas da vida mundana.
    2. poder temporal RELIX Potestade que corresponde ao papa como xefe dos Estados Pontificios.
  3. adx LING Que expresa unha relación de tempo.
  4. s m METEOR Situación atmosférica que se caracteriza por precipitacións e ventos persistentes.
  5. s m RELIX Parte do ano litúrxico que celebra os misterios de Xesús Cristo, en oposición ao santoral.

Refráns

  • Cando a carballeira canta, sabe ben a manta.