smSucesión das cousas, considerada como transcorrente dunha maneira continua e uniforme e que se mide por fenómenos sucesivos acontecidos a intervalos regulares, como o ciclo solar, o ciclo lunar ou o curso das estacións.
smPeríodo determinado dentro desta sucesión.
smIdade de algo ou alguén.
smPeríodo de longa extensión.
smPeríodo ao que se alude e que adoita ter como referente algún feito concreto.
smEspazo ou momento apropiado para facer algo.
smMETEOREstado da atmosfera nun lugar e nun momento determinado. Tm fig.
sm
Cada unha das partes en que se divide a execución dalgunha cousa.
MÚSParte ou división do compás.
smLINGMorfema verbal que expresa o momento en que ocorre a acción.
FÍS/ASTRON
smParámetro real que constitúe unha das coordenadas do conxunto continuo espazo-tempo que permite situar un punto material nunha sucesión de acontecementos observados desde un mesmo sistema de referencia.
tempo sideralMagnitude que é igual ao valor do ángulo horario ou dun punto da esfera celeste que se toma como referencia no instante considerado.
tempo universal [TU]Tempo solar medio do observatorio de Greenwich.
Frases feitas
A tempoloc adv No momento oportuno.
2 Traballar en van en algo que non d
A un tempoloc adv Ao mesmo tempo.
Andar/ir co(s) tempo(s). Adaptarse
Aproveitar o tempo. Dedicarse a cousas
Co tempoloc adv Co paso do tempo.
Con tempoloc adv Cun espazo de tempo anticipado.
En tempoloc adv Con tempo suficiente.
Facer tempo. Entreterse mentres se espera algo.
Matar/pasar o tempo. Facer algo s
Noutro tempo. No pasado.
Perder o tempo. 1 Facer algo sen sacar proveito cando hai que facer algo m
Ter tempo. Dispo
Refráns
A conta do perdido: o que non se faga hoxe, farase o domingo.
Á curta ou á larga o tempo todo o alcanza.
A día claro, escuro nubrado.
A muller que moito se pasea han tece a súa tea.
A pera dura co tempo madura.
Acudirlle ao coiro con albaialde, que os anos non se van en balde.
Aire soán, malo no inverno e peor no verán.
Andando, andando, todo vai chegando.
Andando, andando, todo vai pasando.
Andando, andando, volvemos aos tempos de antano.
Axiña vén o que se ve.
Calquera tempo pasado é mellorado.
Cando chove e fai sol, é tempo de pagar as débedas.
Cando fai o seu tempo, non fai mal tempo.
Cando non fai o seu tempo, non fai bo tempo.
Cando o verán é inverno e o inverno é verán, mal anda para os pobres o ano de pan.
Co tempo maduran as uvas.
Co tempo todo chega.
Co tempo todo morreo
Co tempo todo pasa.
Co tempo todo se acaba.
Co tempo todo se vai.
Co tempo veñen os figos.
Culleres fainas o tempo.
Dar tempo ao tempo é de bo senso.
De mozo logo se sae; pero a selo non volve naide.
Día a día morreu miña tía.
Día a día, maio á porta.
Día tras día maio vai fóra.
Día tras día vanse indo os anos.
Día tras día, maio chega.
Día tras día, semana ao cabo.
Dona que moito mira, pouco fía.
En coser e descoser, o fío e o tempo téñense que perder.
Entroido, á raxeira; Pascua, á lareira.
Fíe quen fiou, que a Navidade xa pasou.
Maio pardo, san Xoán claro.
Marzo pardo, san Xoán claro.
Marzo pardo, sinal de bo ano.
Meu carriño novo: ¿quen te fará vello? -Tres meses de verán e nove de inverno.
Moitas cousas un chora, das que despois se ri e se mofa.
Nin polo bo tempo te agaches, nin polo malo te asañes.
No tempo de marzo á mañá enxoito e á tarde mollado.
No tempo dos coellos non hai consellos.
Non é bo tempo o que non é do seu tempo.
Non hai mestre coma o tempo.
Non hai prazo que non chegue nin forza que non se acabe.
Non hai prazo que non chegue.
Non hai prazo que non se cumpra nin débeda que non se pague.
Non se fai fóra de tempo o que se pode facer en todo tempo.
Nubes na montaña, vellas á borralla; nubes na ribeira, vellas á raxeira.
O bo tempo é pai do bo goberno.
O bo tempo está no pote.
O circo do sol molla o pastor, o da lúa ou molla ou enxuga.
O crego e mailo raposo, se perden a mañá, perden o día todo.
O mellor mestre é o tempo e a mellor mestra a experiencia.
Ó pasado díselle "adiós", para que non volva onda nós.
O que non ten que facer sacha as patacas antes de nacer.
O rocío de agosto dá polo rostro.
O tempo aclara as cousas e o tempo as escurece.
O tempo corre e todo vai detrás del.
O tempo corre.
O tempo creba sen canto nio pedra.
O tempo dá bo consello.
O tempo dá o remedio e nunca falta o bo consello.
Ó tempo das brevas todos se achegan.
O tempo é diñeiro.
O tempo e o diñeiro corren a paso lixeiro.
O tempo é o inventor de moitas cousas.
O tempo é o mellor conselleiro.
O tempo é o mellor mestre.
O tempo é ouro.
O tempo é pai da verdade e irmán da mentira.
O tempo é pai dos enganos.
O tempo é sabio pero o diaño é vello.
O tempo fai culleres.
O tempo non agarda por ninguén.
O tempo non anda para atrás.
O tempo non pasa en balde.
O tempo non recúa, porque non é mula.
O tempo non se detén, porque non fala con ninguén.
O tempo non se para nin recúa nin adianta. •
O tempo nunca ten présa pero sempre chega.
O tempo pasado sempre foi louvado.
O tempo todo o amansa.
O tempo todo o cobre, todo o encobre e todo o descobre.
O tempo todo o cura, ata topar connosco na sepultura.
O tempo todo o cura, menos a morte, que esa non ten cura.
O tempo todo o tapa e todo o destapa.
O tempo todo o trae e todo o leva.
O tempo trae as flores e, despois de as traer, fainas toller e vólveas traer.
O tempo tráeo todo e lévao todo.
O tempo vaise e os anos véñense.
Os anos non se van en balde.
Os días non corren en balde.
Ovella que berra, bocado perde.
Perdendo o tempo non se gaña diñeiro.
Quen predica en deserto, perde o sermón; e quen lava a cabeza ao burro, perde o xabrón.
Roibéns de sol levantado, é sin al de tempo molIado.
Roibéns de sol posto, é sinal de tempo enxoito.
San Francisco vén con vela e San Xosé vaise con ela.
Se a noite de Navidade for de luar, labra ben para sementar.
Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
Tempo contado logo pasa.
Tempo e fortuna, todo se muda.
Tempo e sazón a ninguén dan conta nin razón.
Tempo ido, tempo perdido.
Tempo pasado que vén a memoria dá máis pena que gloria.
Tempo trae tempo.
Tempo tras de tempo e auga tras de vento.
Tempo tras tempo, tempo vén.
Tempo virá que o teu espello non te coñecerá.
Tempo, vento, muller e fortuna axiña se mudan.
Tempos van e tempos veñen, sobran os que penas teñen.
Tódalas cousas quereD o seu tempo.
Todo tempo pasado foi o máis louvado, porque o que está por vir, ou nos fará chorar ou nos fará sorrir.
Todo tempo pasado foi o mellor.
Tras deste tempo ha de vir outro.
Tras do bo tempo ha vir o mal tempo.
Tras do mal tempo ha de vir o bo tempo.
Tras dun día vén outro e así se van indo todos.
Un tempo malo trae outro tempo bo.
Un tempo tras doutro tempo logo vén e axiña se vaL