simpático -ca

< simpatía
Plural: simpáticos Masculino: simpático Masculino plural: simpáticos Feminino: simpática Feminino plural: simpáticas
  1. adx Que inspira simpatía.
  2. adx Que se produce por simpatía.
  3. FISIOL
    1. adx Relativo ou pertencente ao sistema simpático.
    2. sistema simpático Parte do sistema nervioso vexetativo constituída por unha cadea de ganglios nerviosos, situados fronte á columna vertebral, desde o cranio ata o cóccix. Ten unha relación íntima cos procesos tróficos e as funcións secretoras e cardiovasculares.