arco capaz dun ángulo dadoLugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PAPB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB=l, forman todas un mesmo ángulo dado α.
arcos concéntricosArcos pertencentes a circunferencias concéntricas.
función de arcoDesignación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.
ZOOL
smFormación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco.
arco angularArco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.
arco cigomáticoÓso da meixela que é o punto de articulación do maxilar inferior.
arco supraorbitarioRelevo óseo situado por riba das órbitas oculares.
ARQUIT
smEstrutura arquitectónica que, mediante o uso de formas curvas, serve para cubrir un espazo.
arco abucinadoArco que posúe máis luz nun paramento que no oposto.
arco agudo/apuntado/oxivalArco formado por dous arcos de circunferencia que se cortan no vértice formando un ángulo curvilíneo.
arco alintelado/dexeneradoArco con intradorso horizontal e despezado radial nas doelas.
arco cegoArco que ten tapiada a súa luz.
arco conopialArco formado por catro cuartos de círculo tanxentes entre eles, dos que dous son convexos e dous cóncavos e teñen os centros situados nos catro vértices dun cadrado.
arco de descargaArco no que o intradorso non é visible e queda oculto por un lintel postizo.
arco de ferraduraArco de circunferencia de máis de 180° co centro situado sobre a liña de arranque.
arco de medio puntoArco semicircular que ten o centro na liña de arranque.
arco de triunfoMonumento típico da arquitectura romana que foron elevados como entrada monumental a cidades e pontes.
arco faixón/perpiaño/toralArco disposto en sentido transversal en relación coa lonxitude da nave e que, nas voltas de canón, é puramente un reforzo da volta.
arco rebaixadoArco de altura inferior á que tería un arco do mesmo trazado.
ASTRON
smParte da traxectoria aparente dun astro baixo a esfera celeste.
arco diúrnoArco dun paralelo de declinación dun astro que se atopa sobre o horizonte.
arco nocturnoArco dun paralelo de declinación dun astro, que se atopa baixo o horizonte.
s
BÉLArma ofensiva formada por unha vara xeralmente de madeira ou dunha materia elástica, e por unha corda tirante fixada aos dous lados. Adoptouse como práctica deportiva na modalidade de tiro con arco.
p extCalquera elemento en forma de arco tensado.
FÍS
smDescarga eléctrica entre dous electrodos en presenza dun gas ionizado que se caracteriza por un paso elevado de corrente e unha irradiación de luz.
arco voltaicoArco luminoso que se forma entre dous electrodos de carbón. É producido por unha corrente eléctrica de intensidade e diferenza de potenciais axeitados.
METEOR
arco anticrepuscularBanda luminosa de cor púrpura duns 3° de amplitude vertical, que se forma no crepúsculo exactamente enriba do antisol.
arco crepuscularArco que aparece ás veces antes da saída do Sol e despois da posta na parte do ceo oposta ao astro.
arco da vella/arco irisFenómeno que consiste na aparición dun ou máis arcos coloridos, concéntricos ao redor do antisol, cando unha cortina de gotas de auga en forma de choiva, néboa ou orballo está iluminada polo Sol.
arco da vella brancoArco da vella producido pola luz da lúa.
smMÚSara de madeira curvada ao lume, que cos extremos mantén tensada unha mecha de crinas de cabalo, que fai vibrar as cordas.
sm
Instrumento empregado desde tempos prehistóricos para furar madeira, óso ou pedra e, posiblemente, para facer lume.
Peza do torno primitivo coñecida máis xeralmente por bésta.
smTECNOLDispositivo de toma de corrente empregado en certos sistemas de tracción eléctrica.
smTECNOLBastidor metálico da serra de arco.
smTRANSPCada unha das variñas arqueadas, de madeira ou de ferro, que forman a armazón que sostén o toldo dun carro ou dun camión.
arco de acciónTECNOLSegmento de arco da circunferencia primitiva dunha engrenaxe comprendida entre os raios correspondentes aos puntos de contacto inicial e final de dous dentes conxugados.
XEOG
arco de illas/arco insularRingleira de illas que a miúdo bordea as fosas oceánicas.
arco volcánicoArco interno dos arcos de illas.
sistema de arco e fosaEstrutura xeolóxica cortical formada por un arco de illas e unha fosa oceánica paralela.
arco mariñoXEOGAbertura natural con forma de arcada que se produce nas rochas do litoral como consecuencia da acción continuada das ondas.
arco senilPATOpacidade da córnea do ollo, de forma circular e cor azul agrisada.
luz de arcoTECNOLAparato de iluminación no que a fonte luminosa é un arco voltaico entre carbóns.
Citas
O arco ben debuxado das súas cellas
Refráns
Arco da vena ao anoitecer, bo tempo ao amañecer.
Arco da vena ao mediodía, chuvia para todo o día.
Arco da vena ao poñente, solta os bois e vente.
Arco da vena ao raiante ¡ei, boi! ¡ei, para adiante!