arco

< lat arcu
Pliral: arcos
  1. MAT
    1. s m Porción dunha curva.
    2. arco capaz dun ángulo dado Lugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PA PB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB = l, forman todas un mesmo ángulo dado α.
    3. arcos concéntricos Arcos pertencentes a circunferencias concéntricas.
    4. función de arco Designación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.
  2. ZOOL
    1. s m Formación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco.
    2. arco angular Arco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.
    3. arco cigomático Óso da meixela que é o punto de articulación do maxilar inferior.
    4. arco supraorbitario Relevo óseo situado por riba das órbitas oculares.
  3. ARQUIT
    1. s m Estrutura arquitectónica que, mediante o uso de formas curvas, serve para cubrir un espazo.
    2. arco abucinado Arco que posúe máis luz nun paramento que no oposto.
    3. arco agudo/apuntado/oxival Arco formado por dous arcos de circunferencia que se cortan no vértice formando un ángulo curvilíneo.
    4. arco alintelado/dexenerado Arco con intradorso horizontal e despezado radial nas doelas.
    5. arco cego Arco que ten tapiada a súa luz.
    6. arco conopial Arco formado por catro cuartos de círculo tanxentes entre eles, dos que dous son convexos e dous cóncavos e teñen os centros situados nos catro vértices dun cadrado.
    7. arco de descarga Arco no que o intradorso non é visible e queda oculto por un lintel postizo.
    8. arco de ferradura Arco de circunferencia de máis de 180° co centro situado sobre a liña de arranque.
    9. arco de medio punto Arco semicircular que ten o centro na liña de arranque.
    10. arco de triunfo Monumento típico da arquitectura romana que foron elevados como entrada monumental a cidades e pontes.
    11. arco faixón/perpiaño/toral Arco disposto en sentido transversal en relación coa lonxitude da nave e que, nas voltas de canón, é puramente un reforzo da volta.
    12. arco rebaixado Arco de altura inferior á que tería un arco do mesmo trazado.
  4. ASTRON
    1. s m Parte da traxectoria aparente dun astro baixo a esfera celeste.
    2. arco diúrno Arco dun paralelo de declinación dun astro que se atopa sobre o horizonte.
    3. arco nocturno Arco dun paralelo de declinación dun astro, que se atopa baixo o horizonte.
  5. s
    1. BÉL Arma ofensiva formada por unha vara xeralmente de madeira ou dunha materia elástica, e por unha corda tirante fixada aos dous lados. Adoptouse como práctica deportiva na modalidade de tiro con arco.
    2. p ext Calquera elemento en forma de arco tensado.
  6. FÍS
    1. s m Descarga eléctrica entre dous electrodos en presenza dun gas ionizado que se caracteriza por un paso elevado de corrente e unha irradiación de luz.
    2. arco voltaico Arco luminoso que se forma entre dous electrodos de carbón. É producido por unha corrente eléctrica de intensidade e diferenza de potenciais axeitados.
  7. METEOR
    1. arco anticrepuscular Banda luminosa de cor púrpura duns 3° de amplitude vertical, que se forma no crepúsculo exactamente enriba do antisol.
    2. arco crepuscular Arco que aparece ás veces antes da saída do Sol e despois da posta na parte do ceo oposta ao astro.
    3. arco da vella/arco iris Fenómeno que consiste na aparición dun ou máis arcos coloridos, concéntricos ao redor do antisol, cando unha cortina de gotas de auga en forma de choiva, néboa ou orballo está iluminada polo Sol.
    4. arco da vella branco Arco da vella producido pola luz da lúa.
  8. s m MÚS ara de madeira curvada ao lume, que cos extremos mantén tensada unha mecha de crinas de cabalo, que fai vibrar as cordas.
  9. s m
    1. Instrumento empregado desde tempos prehistóricos para furar madeira, óso ou pedra e, posiblemente, para facer lume.
    2. Peza do torno primitivo coñecida máis xeralmente por bésta.
  10. s m TECNOL Dispositivo de toma de corrente empregado en certos sistemas de tracción eléctrica.
  11. s m TECNOL Bastidor metálico da serra de arco.
  12. s m TRANSP Cada unha das variñas arqueadas, de madeira ou de ferro, que forman a armazón que sostén o toldo dun carro ou dun camión.
  13. arco de acción TECNOL Segmento de arco da circunferencia primitiva dunha engrenaxe comprendida entre os raios correspondentes aos puntos de contacto inicial e final de dous dentes conxugados.
  14. XEOG
    1. arco de illas/arco insular Ringleira de illas que a miúdo bordea as fosas oceánicas.
    2. arco volcánico Arco interno dos arcos de illas.
    3. sistema de arco e fosa Estrutura xeolóxica cortical formada por un arco de illas e unha fosa oceánica paralela.
  15. arco mariño XEOG Abertura natural con forma de arcada que se produce nas rochas do litoral como consecuencia da acción continuada das ondas.
  16. arco senil PAT Opacidade da córnea do ollo, de forma circular e cor azul agrisada.
  17. luz de arco TECNOL Aparato de iluminación no que a fonte luminosa é un arco voltaico entre carbóns.

Citas

  • O arco ben debuxado das súas cellas

Refranes

  • Arco da vena ao anoitecer, bo tempo ao amañecer.
  • Arco da vena ao mediodía, chuvia para todo o día.
  • Arco da vena ao poñente, solta os bois e vente.
  • Arco da vena ao raiante ¡ei, boi! ¡ei, para adiante!
  • Arco da vena, auga mi terra.