segregación

< lat segregatĭōne
Plural: segregacións
  1. s f Acción e efecto de segregar ou segregarse.
  2. s f FISIOL secreción.
  3. s f XEN Disociación da parella de xenes no proceso de maduración.
  4. s f IND
    1. Falta de homoxeneidade nas diferentes partes dunha aliaxe, de composición química diferente, a causa da diferenza nas temperaturas de fusión dos metais que a compoñen.
    2. Separación de compoñentes heteroxéneos durante a solidificación dunha aliaxe.
  5. segregación racial SOCIOL/POLÍT Tipo de racismo que consiste na separación, dentro dunha comunidade, de persoas dunha ou máis etnias.