segredo

< lat secrētu ‘separado’
Plural: segredos
  1. s m Cousa que se ignora, que se oculta ou que non se debe coñecer.
  2. s m Discreción máxima.
  3. s m Cousa misteriosa que non foi explicada nin descuberta.
  4. s m Cousa, sistema ou maneira non coñecida que serve para acadar un determinado efecto.
  5. segredo de confesión RELIX Obriga e dereito que ten o sacerdote de absterse de revelar o que o penitente lle confesou no sacramento de penitencia.
  6. segredo de estado DER/POLÍT Segredo inherente aos asuntos políticos e diplomáticos, cuxa revelación compromete a seguridade do estado.
  7. segredo de sumario/sumarial DER Segredo encamiñado a garantir a administración de xustiza e a defensa dos intereses persoais das partes implicadas nun sumario mentres se fan as dilixencias pertinentes.
  8. segredo profesional DER Obriga dun profesional de non divulgar aquilo que coñeceu por razón do seu oficio e con relación ao servizo, se non é con consentimento de quen o pode autorizar.

Sinónimos

Frases feitas

  • En segredo. Sen que se saiba.

Refráns

  • A miña comadre bota pola boca todo canto sabe.
  • Amores, dores, celos e diñeiros non queren estar secretos.
  • Bo é o amigo para calar, pero mellor é non darlle segredo a gardar.
  • Co tempo todo se sabe.
  • Das novas non vos coidedes, que xa se farán vellas e xa as saberedes.
  • Descubrinme a el como amigo e armóuseme como testigo.
  • Di o teu segredo ao amigo e faraste seu cautivo.
  • Di o teu segredo ao teu amigo e faraste seu cautivo.
  • Dille ao amigo o teu segredo e quedarás del preso.
  • En consellas as paredes son orellas.
  • Entre o ceo e a terra non hai nada que non se saiba.
  • Garda o segredo no teu seo, non o metas no alleo.
  • Mirade o que facedes, que o que na casa fixerdes, na rúa o oiredes.
  • Na boca do lareta non hai cousa secreta.
  • Non hai cousa encuberta que tarde ou cedo non se "seipa".
  • Non hai cousa secreta que tarde ou cedo non se "seipa".
  • Non hai nada encuberto, que non sexa descubertoo
  • Non hai segredo que non se saiba tarde ou cedo.
  • Non hai segredo que o sexa por moito tempo.
  • Non hai segredo que tarde ou cedo non sexa descuberto.
  • O que non queres que se saiba non o digas a ninguén.
  • O que non se sabe é o que non se di.
  • O que o neno oíu na casa, vaino dicir ao curral.
  • O que pensa que as paredes calan, ben enganado anda.
  • O segredo do teu amigo gardarás e o teu non o dirás.
  • Os nenos son fillos de Deus e testemuñas do demo.
  • Polo que garde no meu peito, non teño preito.
  • Por fondo que o demo cave, todo se lle sabe.
  • Quen non cala o mal seu ¿como calará o teu?
  • Quen se fía do segredo das paredes, sae vendido moitas veces.
  • RuÍn é o paxariño que descobre o seu niño.
  • Ruín será na casa quen o vai pregoar á praza.
  • Sábeo Vicente e sábeo toda a xente.
  • Se falasen as paredes, non habería segredo que non se soubese.
  • Segredo de dous, sábeo Deus; segredo de tres, sábeo quen quer.
  • Segredo entre moitos malo é de gardar.
  • Segredo, que de dous é, xa segredo non é.
  • Valéralle máis calar ao que ten qué tapar.
  • ¡Ai, madriña, que iso que me di, xa eu llo sabía!
  • ¿Qtien sabe o que hai dentro da arca que está pechada?