saturación

< lat saturatiōne
Plural: saturacións
  1. s f Acción e efecto de saturar ou saturarse.
  2. s f ECON Situación dos mercados cun forte exceso de oferta dunha mercadoría e que indica sobreprodución.
  3. s f FÍS Estado de condución dun dispositivo electrónico caracterizado polo feito de que a caída de tensión é pequena e case constante, independentemente da corrente.
  4. s f FÍS/TECNOL Estado ou situación en que o sinal de saída dun amplificador é inferior ao que lle correspondería de acordo co de entrada.
  5. s f FÍS Situación que se presenta cando un recipiente contén un vapor en equilibrio coa fase líquida da mesma substancia.
  6. s f FILOS/MAT Estado dun conxunto de axiomas ao que non se lle pode engadir ningún axioma máis sen chegar a unha contradición.
  7. índice de saturación XEOL Índice que permite clasificar as rochas magmáticas en función da súa proporción relativa de sílice.
  8. zona de saturación XEOL Zona nos terreos permeables que contén a capa freática e onde todos os intersticios e todas as cavidades se enchen de auga.