sanción

< lat sanctĭōne
Plural: sancións
    1. s f Autorización ou aprobación que se dá a un acto, un uso ou un costume.
    2. s f DER/ADM Acto polo que a autoridade competente ratifica e fai válida unha disposición legal.
    3. sanción parlamentaria / DER/ADM Acto polo que o Parlamento confirma unha decisión tomada polo goberno.
  1. s f
    1. Castigo que provén dunha acción mal feita.
    2. DER Cada unha das medidas políticas, económicas e militares que algúns organismos internacionais ou algúns grupos de estados impoñen a un estado porque o consideran agresor contra outro ou violador dos dereitos humanos.