sfexetal leñoso que presenta un tronco único que ramifica a certa distancia do chan. As partes esenciais son as raíces, o tronco e a copa, onde están as follas que realizan a fotosíntese. As árbores regulan os ciclos do osíxeno e do dióxido de carbono e o ciclo hidrolóxico.
árbore aciculifoliaÁrbore de follas aciculares, estreitas e longas, como agullas.
árbore afogadoraexetal hemiepífito que xermina enriba dunha árbore, crea raíces que baixan ata a terra e, transfórmase nunha árbore que mata a planta sobre a que medrara.
árbore caducifoliaÁrbore na que as follas se manteñen activas durante un só período vexetativo.
árbore de ribeiraÁrbore que vive en solos húmidos.
árbore esclerófilaÁrbore de folla persistente, dura, coriácea e pequena.
árbore laurifoliaÁrbore de folla plana e dura.
árbore perennifoliaÁrbore na que as follas manteñen a súa actividade durante diversos períodos vexetativos.
MAR
sfCada un dos paus redondos fixados verticalmente nunha nave, que sosteñen as velas e as vergas.
árbore mestraO pau máis alto da nave.
sfTECNOLPeza en forma de barra que soporta partes dun artefacto dispostas ao seu redor.
TECNOL
sfPeza dun mecanismo que transmite a outra peza o movemento aplicado á primeira.
árbore de transmisiónPeza mecánica capaz de transmitir o movemento entre dous eixes non aliñados.
TECNOL
sfNome que se aplica, por extensión, ao eixe.
árbore de levasEixe que ten como finalidade transmitir o movemento a unha máquina facendo xirar unha ou máis levas.
análise sintáctica en árboreLINGDiagrama en forma de árbore que representa os constituíntes inmediatos da oración, cláusula ou frase.
árbore bronquialANATConxunto anatómico formado polos bronquios e as súas ramificacións.
árbore da ciencia do ben e do malRELIXUnha das árbores do Paraíso Terreal, que producía o froito prohibido por Deus a Adán e Eva.
PLANTA
árbore da noz moscada [Myristica fragans]Árbore da familia das miristicáceas cuxa semente é a noz moscada.
árbore do panÁrbores do xénero Artocarpus pertencentes á familia das moráceas que presenta froitos comestibles do tamaño dun melón, cubertos de espiñas.
árbore da vidaANAT
Formación anatómica arborescente que presentan as eminencias das paredes anterior e posterior da cavidade do colo uterino.
Forma arborescente na que as materias gris e branca aparecen nunha sección vertical do cerebelo.
árbore da vidaRELIXÁrbore situada no medio do Paraíso Terrenal, que había asegurar a inmortalidade da primeira parella, Adán e Eva, se non pecasen.
árbore de amarreAERONTorre metálica que servía para suxeitar un dirixible, permitíndolle orientarse respecto á dirección do vento.
árbore de lumeTECNOLConstrución de madeira formada por unha barra vertical, con listóns horizontais, onde se colocan os foguetes artificiais.
árbore de NadalTECNOLConxunto de condutos, chaves e espitas, colocadas na boca dun pozo de petróleo do que saen os oleodutos.
árbore de NadalAbeto ou árbore similar que se adorna con luces e obxectos luminosos.
árbore de PorfirioFILOSDiagrama destinado a ilustrar a subordinación lóxica dos conceptos, desde a substancia considerada como xénero supremo ata o individuo, a través dunha serie de intermediarios.
árbore de XeséARTE/RELIXÁrbore xenealóxica de Xesús a partir de Xesé, pai de David.
árbore eléctricaTECNOLDispositivo de emparellamento eléctrico entre dúas ou máis árbores rotativas que ten a función de asegurar o sincronismo entre elas.
árbore filoxenéticaBIOLEsquema que representa as relacións de parentesco entre as especies.
árbore xenealóxicaHERÁLD/ARTERepresentación gráfica da xenealoxía dunha familia mediante o debuxo dunha árbore, na que as pólas representan as xeracións que, xurdindo do tronco, orixinan novas pólas.