árbore

< < lat arbŏre
Pliral: árbores
  1. BOT
    1. s f exetal leñoso que presenta un tronco único que ramifica a certa distancia do chan. As partes esenciais son as raíces, o tronco e a copa, onde están as follas que realizan a fotosíntese. As árbores regulan os ciclos do osíxeno e do dióxido de carbono e o ciclo hidrolóxico.
    2. árbore aciculifolia Árbore de follas aciculares, estreitas e longas, como agullas.
    3. árbore afogadora exetal hemiepífito que xermina enriba dunha árbore, crea raíces que baixan ata a terra e, transfórmase nunha árbore que mata a planta sobre a que medrara.
    4. árbore caducifolia Árbore na que as follas se manteñen activas durante un só período vexetativo.
    5. árbore de ribeira Árbore que vive en solos húmidos.
    6. árbore esclerófila Árbore de folla persistente, dura, coriácea e pequena.
    7. árbore laurifolia Árbore de folla plana e dura.
    8. árbore perennifolia Árbore na que as follas manteñen a súa actividade durante diversos períodos vexetativos.
  2. MAR
    1. s f Cada un dos paus redondos fixados verticalmente nunha nave, que sosteñen as velas e as vergas.
    2. árbore mestra O pau máis alto da nave.
  3. s f TECNOL Peza en forma de barra que soporta partes dun artefacto dispostas ao seu redor.
  4. TECNOL
    1. s f Peza dun mecanismo que transmite a outra peza o movemento aplicado á primeira.
    2. árbore de transmisión Peza mecánica capaz de transmitir o movemento entre dous eixes non aliñados.
  5. TECNOL
    1. s f Nome que se aplica, por extensión, ao eixe.
    2. árbore de levas Eixe que ten como finalidade transmitir o movemento a unha máquina facendo xirar unha ou máis levas.
  6. análise sintáctica en árbore LING Diagrama en forma de árbore que representa os constituíntes inmediatos da oración, cláusula ou frase.
  7. árbore bronquial ANAT Conxunto anatómico formado polos bronquios e as súas ramificacións.
  8. árbore da ciencia do ben e do mal RELIX Unha das árbores do Paraíso Terreal, que producía o froito prohibido por Deus a Adán e Eva.
  9. PLANTA
    1. árbore da noz moscada [Myristica fragans] Árbore da familia das miristicáceas cuxa semente é a noz moscada.
    2. árbore do pan Árbores do xénero Artocarpus pertencentes á familia das moráceas que presenta froitos comestibles do tamaño dun melón, cubertos de espiñas.
  10. árbore da vida ANAT
    1. Formación anatómica arborescente que presentan as eminencias das paredes anterior e posterior da cavidade do colo uterino.
    2. Forma arborescente na que as materias gris e branca aparecen nunha sección vertical do cerebelo.
  11. árbore da vida RELIX Árbore situada no medio do Paraíso Terrenal, que había asegurar a inmortalidade da primeira parella, Adán e Eva, se non pecasen.
  12. árbore de amarre AERON Torre metálica que servía para suxeitar un dirixible, permitíndolle orientarse respecto á dirección do vento.
  13. árbore de lume TECNOL Construción de madeira formada por unha barra vertical, con listóns horizontais, onde se colocan os foguetes artificiais.
  14. árbore de Nadal TECNOL Conxunto de condutos, chaves e espitas, colocadas na boca dun pozo de petróleo do que saen os oleodutos.
  15. árbore de Nadal Abeto ou árbore similar que se adorna con luces e obxectos luminosos.
  16. árbore de Porfirio FILOS Diagrama destinado a ilustrar a subordinación lóxica dos conceptos, desde a substancia considerada como xénero supremo ata o individuo, a través dunha serie de intermediarios.
  17. árbore de Xesé ARTE/RELIX Árbore xenealóxica de Xesús a partir de Xesé, pai de David.
  18. árbore eléctrica TECNOL Dispositivo de emparellamento eléctrico entre dúas ou máis árbores rotativas que ten a función de asegurar o sincronismo entre elas.
  19. árbore filoxenética BIOL Esquema que representa as relacións de parentesco entre as especies.
  20. árbore xenealóxica HERÁLD/ARTE Representación gráfica da xenealoxía dunha familia mediante o debuxo dunha árbore, na que as pólas representan as xeracións que, xurdindo do tronco, orixinan novas pólas.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • Escachou a árbore do barco e o capitán mandou volver a porto

Refranes

  • A árbore ruín non dá" máis que ruín froito.
  • A árbore sen codia é coma a muller sen vergonza.
  • Á árbore sen froito chámolle leña para o lume.
  • Arbore de bo natío cobre un palmo e paga cinco.
  • Arbore sen frol é coma dia sen SOl.
  • Coma as árbores son as persoas: uns dan sombra ou froitos; e outros, nin sombra nin froitos.
  • Non plantes árbores nin amanses poldros nin chúfe-Ia muller doutro.
  • Non plantes árbores nin amanses poldros nin chúfela muller pouco nin moito.
  • Os alciprestes, coma os fidalgos, poucos, sós e altos.
  • Quen a boa árbore se achega, ben acobexa.