salmónido -da

< lat científico Salmo
Plural: salmónidos Masculino: salmónido Masculino plural: salmónidos Feminino: salmónida Feminino plural: salmónidas
  1. adx Relativo ou pertencente aos salmónidos.
  2. s m ANIMAL/ICT Peixe da familia dos salmónidos.
  3. s m pl ANIMAL/ICT Familia de peixes da orde dos salmoniformes, de corpo fusiforme cunha liña lateral visible e aleta adiposa detrás da dorsal, sen barbas e con escamas, que habita en augas doces ou mariñas.