smANIMAL/ICTPeixe que pertence ao xénero Mullus, da familia dos múlidos.
salmonete de lamaANIMAL/ICTPeixe de corpo comprimido, de cor rosa, que presenta a cabeza e o fociño curto, un par de barbelas na mandíbula e o primeiro raio da primeira aleta dorsal moi curto.
salmonete de rochaANIMAL/ICTPeixe de corpo alongado e comprimido, de cor vermella con marxes castañas das escamas e flancos con bandas amarelas, que presenta o fociño lixeiramente alongado e o primeiro raio da primeira aleta dorsal curto.