sabotaxe

< fr sabotage
Plural: sabotaxes
  1. s f
    1. Feito de destruír algo voluntariamente para impedir o seu funcionamento.
    2. POLÍT Técnicas de loita do sindicalismo revolucionario que consiste na destrución ou deterioración dos edificios ou dos materiais dunha empresa e así impedir ou obstaculizar o funcionamento normal do traballo.
    3. BÉL Acción militar dirixida con vistas a diminuír o potencial bélico e a obstaculizar o funcionamento dos servizos do inimigo.
  2. s f
    1. Acción que se fai co fin de que algo fracase.
    2. POLÍT Acción que, por motivos políticos, atenta contra a seguridade dos servizos públicos ou leva a cabo actos de destrución, con vistas a minar as institucións estatais ou a política dun goberno.