respirar

< lat respirāre
  1. v i BIOL/FISIOL Cumprir un ser vivo a función da respiración.
  2. v i Ter un momento de descanso no medio dun traballo ou dunha acción que require esforzo e atención.
  3. v i Recuperar o repouso e a tranquilidade despois dunha preocupación.
  4. v i Ter un espazo pechado comunicación directa coa atmosfera mediante unha abertura.
  5. v t Inhalar algo polas vías respiratorias.

Citas

  • Despois do exame respirou tranquilo
  • Este home respira con dificultade, Os peixes respiran polas branquias
  • Nesta casa respiro tranquilidade
  • O cuarto respira pola claraboia
  • Respirei ao rematar o informe
  • Respirou o aire do mar