apropiación

< apropiar
Plural: apropiacións
  1. s f Acción e efecto de apropiar ou apropiarse.
  2. DER
    1. s f Acto polo que unha persoa fai súa unha cousa, incorporándoa ao seu patrimonio coa intención de dispoñer dela en concepto de propiedade definitiva.
    2. apropiación indebida Delito contra a propiedade consistente en apropiarse de calquera cousa moble recibida en depósito, comisión, administración ou por outro título que obrigue á súa entrega ou devolución.
  3. s f Proceso polo que o lector fai propio o que en principio lle era alleo, actualizando deste xeito o significado do texto en cuestión.
  4. s f RELIX Procedemento teolóxico polo que unha virtude ou calidade común ás tres persoas da Trindade se atribúe preferentemente a unha delas.