reloxo

< lat horologĭu grρολόγιον
Plural: reloxos
    1. s m Instrumento para medir o paso do tempo e indicar as horas e outras unidades de tempo.
    2. reloxo astronómico ASTRON Reloxo que dispón de indicadores que permiten medir o tempo sideral.
    3. reloxo de area Instrumento que consiste en dous recipientes de vidro unidos por un orificio moi pequeno, que permite medir o tempo en función do que tarda unha cantidade de area moi fina en pasar dun recipiente ao outro. 
    4. reloxo de cuco Reloxo de parede que se caracteriza pola súa decoración rústica e pola presenza dun autómata en forma de ave que aparece cos toques horarios e que emite un son de dúas frautas que imitan o canto dun cuco.
    5. reloxo de parede Reloxo de dimensións medianas que se colga na parede.
    6. reloxo de peto Reloxo portátil provisto dun elo e dunha cadea para levar no peto e asegurado mediante a cadea a unha botoeira do traxe.
    7. reloxo de pulseira Reloxo portátil que está provisto dunha correa para levalo posto no pulso.
    8. reloxo de sol Reloxo que indica a hora a través da sombra producida polo sol dun gnomon ou estilo sobre un cuadrante onde están sinaladas as horas e o calendario zodiacal ou mensual.
    9. reloxo xeolóxico XEOL Fenómeno xeolóxico que permite fixar no tempo a idade do que viviu e se transformou na Terra.
  1. s m TECNOL Instrumento ou dispositivo de medida e de control, que adoita formar parte de diversas máquinas ou instalacións, nas que a indicación se efectúa mediante unha ou máis agullas sobre un limbo graduado.
  2. reloxo biolóxico FISIOL Mecanismo endóxeno que determina a entrada en actividade e a interrupción das diferentes actividades internas dun ser vivo.

Frases feitas

  • Coma un reloxo 1 Moi puntual e regular. 2 De funcionamento perfecto.
  • Contra o reloxo 1 Con moita pr

Formas incorrectas

reló