smInstrumento para medir o paso do tempo e indicar as horas e outras unidades de tempo.
reloxo astronómicoASTRONReloxo que dispón de indicadores que permiten medir o tempo sideral.
reloxo de areaInstrumento que consiste en dous recipientes de vidro unidos por un orificio moi pequeno, que permite medir o tempo en función do que tarda unha cantidade de area moi fina en pasar dun recipiente ao outro.
reloxo de cucoReloxo de parede que se caracteriza pola súa decoración rústica e pola presenza dun autómata en forma de ave que aparece cos toques horarios e que emite un son de dúas frautas que imitan o canto dun cuco.
reloxo de paredeReloxo de dimensións medianas que se colga na parede.
reloxo de petoReloxo portátil provisto dun elo e dunha cadea para levar no peto e asegurado mediante a cadea a unha botoeira do traxe.
reloxo de pulseiraReloxo portátil que está provisto dunha correa para levalo posto no pulso.
reloxo de solReloxo que indica a hora a través da sombra producida polo sol dun gnomon ou estilo sobre un cuadrante onde están sinaladas as horas e o calendario zodiacal ou mensual.
reloxo xeolóxicoXEOLFenómeno xeolóxico que permite fixar no tempo a idade do que viviu e se transformou na Terra.
smTECNOLInstrumento ou dispositivo de medida e de control, que adoita formar parte de diversas máquinas ou instalacións, nas que a indicación se efectúa mediante unha ou máis agullas sobre un limbo graduado.
reloxo biolóxicoFISIOLMecanismo endóxeno que determina a entrada en actividade e a interrupción das diferentes actividades internas dun ser vivo.
Frases hechas
Coma un reloxo 1 Moi puntual e regular. 2 De funcionamento perfecto.