sfFILOSínculo ou referencia que existe ou que se supón entre dúas ou máis cousas, de tal xeito que, establecido un deles, hai que pensar á vez no outro.
relación xurídicaDERínculo de dereito que existe entre persoas ou entre persoas e cousas.
relacións de produciónECONínculos das persoas establecidos arredor do proceso de produción de bens materiais, durante o proceso de traballo e que se modelan segundo o nivel histórico das forzas produtivas, segundo a interpretación de K. Marx.
sfínculo de coñecemento, trato ou interese mutuo entre dúas ou máis persoas ou grupos sociais ou entre unha ou máis persoas e un ou varios grupos sociais.
sfPersoa coa que se ten trato ou amizade.
relacións diplomáticasDERRelación oficial que dous estados ou gobernos establecen ou manteñen entre eles mediante os seus representantes diplomáticos.
relacións humanas /PSIC/SOCIOLInteraccións que existen en todo grupo social, e máis particularmente entre os membros do cadro de persoal dunha empresa ou dunha entidade comercial.
relacións públicas /ECON/SOCIOLConxunto de actividades dunha empresa ou dunha entidade de carácter público, feitas para influír na opinión pública e así atraer clientes.
sfAcción de relatar ou referir algo que aconteceu.
sfLista de nomes, enderezos ou outras indicacións ordenadas.
sfCociente entre dúas magnitudes de natureza análoga.
relación de compresiónTECNOLRelación que existe nos motores endotérmicos entre o volume comprendido polo cilindro máis a cámara de combustión, cando o émbolo se atopa no punto máis baixo do seu traxecto, e este mesmo volume cando o émbolo está no punto máis alto.
relación de masa-luminosidadeASTRONRelación empírica descuberta por A. R. Eddington, que establece que, polo xeral, a luminosidade absoluta dunha estrela aumenta regularmente ao aumentar a súa masa.