relación

< lat relatiōne
Pliral: relacións
    1. s f ínculo que liga a dúas ou máis cousas.
    2. s f FILOS ínculo ou referencia que existe ou que se supón entre dúas ou máis cousas, de tal xeito que, establecido un deles, hai que pensar á vez no outro.
    3. relación xurídica DER ínculo de dereito que existe entre persoas ou entre persoas e cousas.
    4. relacións de produción ECON ínculos das persoas establecidos arredor do proceso de produción de bens materiais, durante o proceso de traballo e que se modelan segundo o nivel histórico das forzas produtivas, segundo a interpretación de K. Marx.
    1. s f ínculo de coñecemento, trato ou interese mutuo entre dúas ou máis persoas ou grupos sociais ou entre unha ou máis persoas e un ou varios grupos sociais.
    2. s f Persoa coa que se ten trato ou amizade.
    3. relacións diplomáticas DER Relación oficial que dous estados ou gobernos establecen ou manteñen entre eles mediante os seus representantes diplomáticos.
    4. relacións humanas / PSIC/SOCIOL Interaccións que existen en todo grupo social, e máis particularmente entre os membros do cadro de persoal dunha empresa ou dunha entidade comercial.
    5. relacións públicas / ECON/SOCIOL Conxunto de actividades dunha empresa ou dunha entidade de carácter público, feitas para influír na opinión pública e así atraer clientes.
  1. s f Acción de relatar ou referir algo que aconteceu.
  2. s f Lista de nomes, enderezos ou outras indicacións ordenadas.
    1. s f Cociente entre dúas magnitudes de natureza análoga.
    2. relación de compresión TECNOL Relación que existe nos motores endotérmicos entre o volume comprendido polo cilindro máis a cámara de combustión, cando o émbolo se atopa no punto máis baixo do seu traxecto, e este mesmo volume cando o émbolo está no punto máis alto.
  3. relación de masa-luminosidade ASTRON Relación empírica descuberta por A. R. Eddington, que establece que, polo xeral, a luminosidade absoluta dunha estrela aumenta regularmente ao aumentar a súa masa.

Frases hechas

  • 2 Polo que respecta a.

Palabras vecinas