regulación

< regular
Plural: regulacións
  1. s f Acción e efecto de regular.
  2. s f AUTOM Modo de funcionamento dun aparato que consiste en comparar a magnitude que se regula e a magnitude da diferenza para que os dous valores sexan canto máis aproximados mellor.
  3. BIOL
    1. s f Capacidade dunha célula, dun tecido ou dun organismo para reaccionar ante diversos estímulos, con tendencia a limitar as perturbacións e a manter o equilibrio fisiolóxico.
    2. regulación celular Mecanismo de control do metabolismo da célula, que ten a función de poñer en marcha e deter a produción de proteínas, encimas e produtos de secreción.
  4. s f ENX Conxunto de obras fluviais, feitas para evitar as inundacións ou manter o réxime dun curso de auga dentro duns límites.
  5. s f TECNOL
    1. Corrección ou axuste do funcionamento dunha máquina para obter un resultado determinado ou o máximo rendemento.
    2. Adaptación permanente dunha máquina ás necesidades de utilización da potencia subministrada.
    3. Dispositivo que garante o funcionamento correcto e o axuste perfecto dun mecanismo.
  6. expediente de regulación de emprego DER/ECON Procedemento polo que a autoridade competente autoriza ou denega a un empresario o despedimento de certo número de traballadores por causas establecidas por lei.