sfAUTOMModo de funcionamento dun aparato que consiste en comparar a magnitude que se regula e a magnitude da diferenza para que os dous valores sexan canto máis aproximados mellor.
BIOL
sfCapacidade dunha célula, dun tecido ou dun organismo para reaccionar ante diversos estímulos, con tendencia a limitar as perturbacións e a manter o equilibrio fisiolóxico.
regulación celularMecanismo de control do metabolismo da célula, que ten a función de poñer en marcha e deter a produción de proteínas, encimas e produtos de secreción.
sfENXConxunto de obras fluviais, feitas para evitar as inundacións ou manter o réxime dun curso de auga dentro duns límites.
sfTECNOL
Corrección ou axuste do funcionamento dunha máquina para obter un resultado determinado ou o máximo rendemento.
Adaptación permanente dunha máquina ás necesidades de utilización da potencia subministrada.
Dispositivo que garante o funcionamento correcto e o axuste perfecto dun mecanismo.
expediente de regulación de empregoDER/ECONProcedemento polo que a autoridade competente autoriza ou denega a un empresario o despedimento de certo número de traballadores por causas establecidas por lei.