reflexo -xa

< lat reflexu
Plural: reflexos Masculino: reflexo Masculino plural: reflexos Feminino: reflexa Feminino plural: reflexas
    1. adx Que se reflectiu.
    2. s m Luz reflectida.
    3. s m Imaxe producida por reflexión.
  1. FISIOL/PSIC
    1. adx Que se realiza de forma involuntaria.
    2. s m Actividade involuntaria, automática e estereotipada do sistema nervioso que determina unha resposta a través dun órgano, efector, a un impulso que ten a súa orixe nun receptor externo ou interno.
    3. s m Reacción rápida e eficaz dunha persoa ante unha situación que non permite reflexionar.
    4. reflexo condicionado Reflexo desencadeado por un estímulo, antes neutro pola súa asociación durante un tempo determinado, co estímulo propio do reflexo.
    5. reflexo cutáneo Contracción dun músculo pola excitación dunha determinada zona cutánea ou mucosa.
    6. reflexo de defensa/nocipectivo Reflexo que ten por obxecto subtraer a un membro dun estímulo doloroso.
    7. reflexo pilomotor Erección dos pelos por un estímulo externo, coma o do frío.
    8. reflexo pupilar Contracción da pupila pola proxección dun raio de luz ou pola visión dun obxecto próximo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].