smActividade involuntaria, automática e estereotipada do sistema nervioso que determina unha resposta a través dun órgano, efector, a un impulso que ten a súa orixe nun receptor externo ou interno.
smReacción rápida e eficaz dunha persoa ante unha situación que non permite reflexionar.
reflexo condicionadoReflexo desencadeado por un estímulo, antes neutro pola súa asociación durante un tempo determinado, co estímulo propio do reflexo.
reflexo cutáneoContracción dun músculo pola excitación dunha determinada zona cutánea ou mucosa.
reflexo de defensa/nocipectivoReflexo que ten por obxecto subtraer a un membro dun estímulo doloroso.
reflexo pilomotorErección dos pelos por un estímulo externo, coma o do frío.
reflexo pupilarContracción da pupila pola proxección dun raio de luz ou pola visión dun obxecto próximo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].