redución

< lat reductĭōne
Plural: reducións
  1. s f Acción e efecto de reducir ou reducirse.
    1. s f HIST ila destinada aos indios para conseguir un control xeral da poboación sometida, favorecer a súa conversión ao cristianismo e facilitar o control do pagamento do tributo e a realización das servidumes coloniais.
    2. redución xesuítica / HIST/RELIX Comunidade agrícola de indios guaranís creada polos xesuítas no s XVII, na parte SL de Paraguay e parte da provincia arxentina de Misiones.
  2. s f QUÍM Proceso en que o número de oxidación dun elemento diminúe a causa da ganancia dalgún electrón.
  3. s f FILOS
    1. Operación mediante a que se reduce á primeira figura do siloxismo as outras figuras deste.
    2. Siloxismo en que a maior premisa é evidente de seu, en tanto que a menor soamente é probable.
  4. s f FILOS
    1. Operación coa que se establece que unha realidade ou un fenómeno determinados non son senón outra realidade ou outro fenómeno, considerados como máis reais ou fundamentais e a partir dos que quedan explicados aqueles.
    2. Proceso mediante o que se deixan en suspenso todos os datos e conviccións relacionados co acto de coñecemento, para centrarse exclusivamente neste mesmo acto.
  5. ASTRON
    1. s f Conxunto de operacións ás que se someten os resultados dunha observación astronómica, co fin de eliminar os efectos de todos aqueles factores que poden influír sobre a exactitude da medida.
    2. redución no ecuador Diferenza entre a lonxitude astronómica do Sol verdadeira e a súa ascensión recta.
  6. redución catódica/electrolítica FÍS/QUÍM Redución que se produce no cátodo durante os procesos de electrólise a causa da cesión de electróns por parte daquel.
  7. redución de capital ECON Operación financeira pola que unha empresa diminúe o seu capital social.
  8. redución de fraccións a un común denominador MAT Operación que consiste en multiplicar o denominador e o numerador de cada fracción polo número axeitado, co fin de que todas as fraccións resulten co mesmo denominador.
  9. redución no horizonte XEOG Operación que consiste en atopar o valor da distancia horizontal que corresponde á distancia real entre dous puntos do terreo, multiplicando esta última distancia polo coseno do ángulo da pendente do terreo.

Antónimos

Formas incorrectas

reducción