sfHISTila destinada aos indios para conseguir un control xeral da poboación sometida, favorecer a súa conversión ao cristianismo e facilitar o control do pagamento do tributo e a realización das servidumes coloniais.
redución xesuítica /HIST/RELIXComunidade agrícola de indios guaranís creada polos xesuítas no s XVII, na parte SL de Paraguay e parte da provincia arxentina de Misiones.
sfQUÍMProceso en que o número de oxidación dun elemento diminúe a causa da ganancia dalgún electrón.
sfFILOS
Operación mediante a que se reduce á primeira figura do siloxismo as outras figuras deste.
Siloxismo en que a maior premisa é evidente de seu, en tanto que a menor soamente é probable.
sfFILOS
Operación coa que se establece que unha realidade ou un fenómeno determinados non son senón outra realidade ou outro fenómeno, considerados como máis reais ou fundamentais e a partir dos que quedan explicados aqueles.
Proceso mediante o que se deixan en suspenso todos os datos e conviccións relacionados co acto de coñecemento, para centrarse exclusivamente neste mesmo acto.
ASTRON
sfConxunto de operacións ás que se someten os resultados dunha observación astronómica, co fin de eliminar os efectos de todos aqueles factores que poden influír sobre a exactitude da medida.
redución no ecuadorDiferenza entre a lonxitude astronómica do Sol verdadeira e a súa ascensión recta.
redución catódica/electrolíticaFÍS/QUÍMRedución que se produce no cátodo durante os procesos de electrólise a causa da cesión de electróns por parte daquel.
redución de capitalECONOperación financeira pola que unha empresa diminúe o seu capital social.
redución de fraccións a un común denominadorMATOperación que consiste en multiplicar o denominador e o numerador de cada fracción polo número axeitado, co fin de que todas as fraccións resulten co mesmo denominador.
redución no horizonteXEOGOperación que consiste en atopar o valor da distancia horizontal que corresponde á distancia real entre dous puntos do terreo, multiplicando esta última distancia polo coseno do ángulo da pendente do terreo.