recoñecemento

< recoñecer
Plural: recoñecementos
  1. s m Acción e efecto de recoñecer ou recoñecerse.
  2. s m Expresión de gratitude.
  3. DER
    1. s m Confesión que fai unha persoa dunha obriga.
    2. s m Rexistro ou indagación que fai dalgunha cousa un xuíz ou un perito.
    3. recoñecemento de procura erificación que ten que efectuar un avogado, e nalgunha ocasión un funcionario público licenciado en dereito, para comprobar se unha escritura de poderes é xuridicamente suficiente para intervir nunha actuación xurídica.
  4. s m BÉL Acción militar feita por unha forza pequena coa finalidade de explorar o territorio.
  5. INFORM
    1. recoñecemento de caracteres Tipo de recoñecemento de formas en que estas son signos gráficos ou caracteres.
    2. recoñecemento de formas Conxunto de técnicas e dispositivos que permiten organizar de maneira coherente a información recibida, mediante a busca e selección de formas comparables.
    3. recoñecemento da palabra/voz Técnica que ten como obxectivo a identificación por ordenador das palabras expresadas nun discurso verbal.
  6. recoñecemento feudal HIST/DER Acción de manifestarse obrigado a un señor pola posesión dun territorio, dun castelo ou dun lugar en feudo, na Idade Media.
  7. recoñecemento sistemático MED Exploración xeral, con carácter preventivo, dun individuo, aparentemente san ou sen síntomas dunha enfermidade determinada.

Sinónimos