Acción ou cambio de algo ou alguén como resposta a un estímulo. Tm fig.
MEDCambio que se produce no organismo debido a unha alteración no medio, á aplicación dun remedio ou a unha causa mórbida.
sfRestablecemento da actividade normal despois de perdela.
sfQUÍMProceso mediante o que, unhas substancias, simples ou compostas, se transforman noutras.
orde de reacción /QUÍM/FÍSSuma dos expoñentes dos termos de concentración que interveñen na expresión diferencial da velocidade dunha reacción.
reacción de aglutinaciónMEDReacción específica caracterizada pola reunión en pilas ou aglomerados de bacterias, eritrocitos ou outros elementos corpusculares, en presenza do anticorpo homólogo.
reacción de ennegrecemento/escurecemento /QUÍM/ALIMConxunto de procesos que se producen en certos alimentos durante o tratamento tecnolóxico ou o condicionamento, e que teñen en común a formación final de melanoidinas, de cor parda ou negra, e a modificación do gusto e aroma.
reacción de precipitaciónMEDReacción inmunolóxica pola que un antíxeno e un anticorpo solubles, ao se uniren, dan lugar a un precipitado insoluble visible.
reacción en cadea da polimeraseXENTécnica da bioloxía molecular que consiste en obter millóns de copias dunha determinada secuencia de DNA que estaba en pequenas cantidades. OBS: Tamén se denomina PCR.
reacción serolóxicaMEDserodiagnose.
velocidade de reacción /QUÍM/FÍSariación co tempo da concentración dun dos reactivos ou dos produtos que interveñen nunha reacción química.
sfMecanismo de propulsión en que unha mestura de gases sae expelida en dirección oposta á marcha.
reacción de inducidoENXFenómeno que consiste nunha alteración do fluxo magnético dunha máquina eléctrica, a causa dunha forza magnetomotriz producida pola corrente inducida.
FÍS
reacción en cadeaSucesión de procesos en que cada un deles se produce ao desenvolverse o anterior, e que ocorreu nunha situación crítica que cataliza o fenómeno.
reacción nuclearProceso físico que modifica a estrutura interna dun núcleo atómico ao incidir nel unha partícula ou radiación coa enerxía suficiente para vencer o campo electrostático que hai no contorno do núcleo. OBS: Tamén se denomina transmutación.